Unha parte da terra (quedan poucas) que sobrevive sen donos. Pero hai nos homes e nas mulleres un afán de poseer todo aquelo que se ve. E máis cando o que se ve agocha riqueza e poder. O Ártico agocha máis cousas, pero esas non as ven os homes e as mulleres que gobernan os países. Países que din ser países, pero son disputa.
Unha nena a outra:
- ¿Pero cómo podes pensar que hai xente que vive en casiñas de xeo?
E viven, e quen sabe si daquí a un tempo terán que vivir en casiñas de ladrillo e cemento, que son moito máis bonitiñas e quentes.
E algún día o mundo será unha construción feita a pico e pala, e chegarán as máquinas e marcharemos nós porque para todos non ha haber sitio nunha terra de cemento. Será cemento o ceo, e as estrelas pingarán masa polos catro costados; e o mar teso, acollerá fosiles de baleas e ourizos. E non haberá música que valga para amenizar os sentidos ¿sentidos? os ollos verán todo gris, as mans tocarán todo rugoso, a boca degustará todo amargo, e uliremos cheirumes polo nariz mentres resonan os martelos electricos nas calzadas.
Pode semellar todo isto moi dramático. Pero o Polo Norte sempre foi para min lugar de ensoñacións e virxindade. O feito de que lle chanten bandeiras acaba cos resquicios de fe que aínda me quedaban.

2 comentarios:
creo que non vai a haber que preocuparse porque chegue alí o cemento. como se vai desconxelar todo o xeo, non haberá onde construír. tristemente
Cando hai intereses económicos de por medio neste mundo non se salva ninguén, nin sequera o Polo. Sómosche si.
Publicar un comentario en la entrada