Ahí vai:
TRANSXÉNICA
(o devir xa se amosa como algo inevitable)
Como transxénicos son os verbos que deixas no aire
fulminante ser de esperas
invasor desa parte de min desfavorecida
que vai contigo, extravagante.
Modificas xenéticamente e con pausa
o tremer do meu sangue si te ulo
e permito ese ingrediente proteínico que inmisce
dentro de min cambios e rancores,
esquecendo o que son, maleable,
disciplinada baixo un traxe de escorpión
no devir agro químico que empeora o meu metabolismo.
Son un organismo falto de certezas,
non lexislada, con cordóns e enlaces externos
que patentan unha enfermidade
chea de carencias.
Se algún día invento un antibiótico
morrerás,
igual que un coleóptero ou un díptero.

10 comentarios:
Moitas, moitas felicidades. Éche bonita de vez.
Bicos
Ganaste Lauritxu? Qué estupendaaaaa! Muchísimas felicidades!!!! A ver si nos vemos pronto y brindamos por el éxito!!! Te llamo pronto (soy un desastre).
Besos mil y abrazos de oso!!!
Letxu moitas gracias! Ti si que eres bonito.
Aida! Sin duda, tenemos que vernos pronto en algún lugar de la geografía entre Galicia y Madrid, y brindar y hablar y hablar y hablar...
Bicos!!!!
Flipante!!!! jajajaj, escribes que te cagas, jajajja. Es digna de ese premio. Muchas felicidades... te hace pensar mucho....
Me encanta el verso de:
"Son un organismo falto de certezas"...
Enhorabuena, amiga!!
Noraboa...gustame moito....espero que che siga sorrindo a sorte...merécelo...un bikiño
Noraboa...gustame moito....espero que che siga sorrindo a sorte...merécelo...un bikiño
Parabéns!!!
até un novo encontro.
saúdos
(re)publicado na incomunidade
...ualaaaa una cuñá poetisa!!! jajajaj oye q no conocia yo esa faceta de ti...q sepas q esta colgada en el corcho de les cativas...besos y besos...
Publicar un comentario en la entrada