03/06/08

ABANDONO


Non serve de excusa dicir que no tempo que vivimos non hai cabida para as cousas vellas. Non serve contar que o progreso é necesario e que a maquinaria antiga debe quedar relegada ós museos. Non serve lembrarse do que avanzou a telefonía mobil e as viaxes espaciais e a moda e os coches e internet e a globalización e todas esas palabrexas que resoan a todas horas nas nosas conciencias para sentirmonos mellor. Non serve nada diso cando escoito que unha muller de 71 anos foi abandonada pola súa propia filla diante dunha residencia.

Lévana nun coche, o coche marcha de súpeto e ela queda ABANDONADA cunha maleta, diante da porta. Na maleta leva toda a súa vida. O que lle queda dunha vida son cousas que collen nunha maleta. Non collen as persoas nas maletas, nin as fillas faltas de sentimentos nin tampouco as tristezas. Estas van gardadas noutro sitio, non se poden valeirar e colocar noutro lugar, nin se poden tirar á basura de xeito selectivo como se foran lixo.

Esa muller síntese soa e pensará posiblemente en todos os anos de entrega, no día en que pariu un bebé e esqueceu a dor que iso lle supuxo pola felicidade inmensa de ter á súa filla nos brazos. Non sabemos máis das súas vidas, quizais houbo falta de comunicación, quizais malos momentos e falta de entendemento por ambas partes. Ou quizais non. De calquera forma unha persoa ten que estar baleira de corazón para deixar a unha nai enganada, contra a súa vontade, en calquera lugar.

Posiblemente se lle esqueceu que ela tamén será unha persoa maior e que os seus propios fillos a abandonarán dalgunha maneira, porque esa é a maneira de amar que aprenderon durante toda a vida.

Posiblemente quedará unha semente de tristura dentro dela, que algún día irá tomando forma e será máis grande, ata facerse insoportable.

Avanzaremos moito no mundo, faremos moitos descubrimentos e o futuro non terá nada que ver co presente. Pero algo hai que se nos vai escapando das mans. Esquecemos a importancia dos nosos maiores, eles son os libros que nunca se escribiron e gardan informacións valiosas e segredos, e tamén mapas de camiños incertos. Gardan pasado entre os cabelos brancos e as engurras, de xeito que nos gardan a nós. ¿Cómo afrontar unha vida sen eles? A xente maior responde á inmensa pregunta ¿De onde vimos? e sen eles ¿como pretendemos saber cara onde imos?

Moitos deles non han ler isto. Pero teñen vivido máis. E sen ter acceso á cultura e á información e á educación da que disfrutamos nós, gran parte das persoas maiores coñecen o significado da palabra respeto e sen dúbida entenden o sentido da palabra futuro mellor que ninguén.


A pintura é da artista Sarah Irani e titúlase "Mama and Babe". Está exposta no museo da mala arte.

7 comentarios:

mica dijo...

ola lauriña! que sorpresa! quedas fichada tu tamén ;-)
o meu éche a medias cunha amiga, que fai as fotos.
unha aperta.

Anónimo dijo...

Non queremos saber de onde vimos,e moito menos a onde vamos; vivimos na sociedade do "vive o momento " e eu engado: e quita de diante todo o que che estorbe.
Esta è a sociedade que creamos e que todos mantemos.Algunha soluciòn de cambio ? Biquiños e sigue,encantame entrar aqui.

Anónimo dijo...

Ola Lauri,enhoraboa por esta entrada.Emocionounos,pero tamen sentimos unha satisfacción moi grande o saber que as persoas que damos amor e cariño, serven para encher outro corazón de cariño enorme como e o teu.Bicos muac,muac.

osondaxordeira dijo...

é un texto lindo. as maletas son coma cunchas de caracoliños.

un saúdo dende godot

L&M dijo...

é curioso porque ao mesmo tempo os maiores som quase sempre os "canguros". sempre que há um problema acudimos a eles para que cuidem os netos e, rara vez, para perguntar-lhes como estam...

Israel Olivera dijo...

Todo regresa, nunca hay que olvidar el pasado... Decía Víctor Hugo en Nuestra Señoar de París una frase que resume bien este sentir... "...y se presentarán a nuestra vista cosasa tan viejas que nos parecerán nuevas"... Todo vuelve. El olvido es sólo la disculpa de los cobardes y de los obligados a la desmemoria.
Yo no sería sin la lengua de mi abuelo, sin las canciones de mi abuela. Yo no sería.

Anónimo dijo...

Non sabemos máis das súas vidas, quizais houbo falta de comunicación, quizais malos momentos e falta de entendemento por ambas partes. Ou quizais non. De calquera forma unha persoa ten que estar baleira de corazón para deixar a unha nai enganada, contra a súa vontade, en calquera lugar.

Posiblemente se lle esqueceu que ela tamén será unha persoa maior e que os seus propios fillos a abandonarán dalgunha maneira, porque esa é a maneira de amar que aprenderon durante toda a vida.

Posiblemente quedará unha semente de tristura dentro dela, que algún día irá tomando forma e será máis grande, ata facerse insoportable.