Nestes días perségueme o amarelo. Hai días así, ou épocas, ou eras glaciais de inconsciencia nas que se permite que as cores invadan os momentos, sen a penas poder decidir en qué tono quere unha ver a vida. Estes días é o amarelo, menos no ceo.
O amarelo é a cor da luz que se atopa nun rango entre 565 e 590 nm, a cor complementaria do violeta (a cor con menos luz). Recomendable para pintar a cociña, xa que estimula o entusiasmo.
Empeza por "amar" como todas as cousas que queren empezar e remata (lendo polo revés) por "ole", palabra lonxana que invoca á algarabía dos sentidos.
Teño moitas historias para contar que non saen. Por iso comezo polo final, polos pés tinguidos de amarelo que repousan na area dunha illa diminuta que se deixa abanear por graznidos de gaivotas.
Moi posiblemente sufro o fenómeno "na punta da língua", pero co tempo, en canto vaia mudando a cor dos días e consiga fuxir deste estado de sopor, agardo escribir algunha cousa con sentido, e despegar os pés do chan.

0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada