12/08/08

O POEMA DEDICADO Á AVOA

Ilustración de Aya Kato

Descendo polas túas cavidades para nadar na estirpe

co afán posesivo de mirarte cada vez máis lonxe

post scriptum, e un aviso violento para marchar

sen deixar en min todo o que quería.

Es coautora destes versos que sinalan a túa vida gastada

gateando eu polo teu coñecemento que transportas

en cápsulas secretas e vasos de mel con limón.

Sempre dentes nese rostro nivelador de pingas

non precisas pílulas que esperten os sentidos.

Represéntote, e tomarei o teu lugar tantas veces

que non quero

e manobro contra o tempo para che contar

que sería ortopédica sen a túa herdanza.

Hame faltar a percepción orográfica

sen ti, que fas familia dunha horda

ULTRA CAPACIDADE SENSORIAL

muller recortada e posta sobre os panos

da cociña.

1 comentarios:

Anónimo dijo...

Gustame moito,todo un canto o esforzo a vitalidade a enerxia a entrega os demais,sexa un homenaxe a esa, e a todas as avoas,que nos trasmiten tantos valores,tan dificiles de atopar oxe en dia.