08/10/08

TERRITORIO DE NENOS


A fotografía saqueina recentemente nunha viaxe a Granada, con esa nula capacidade que me caracteriza para inmortalizar os momentos dun xeito mínimamente estético. Mais non é únicamente a beleza o que importa nas fotos, senón tamén a mensaxe e todo o que dela se pode extraer. Quero dicir, todo o que se pode imaxinar, os contos que poden xurdir fora das súas marxes, os medos, as lembranzas, e mesmo os impulsos... non é inxenua a fotografía (posiblente case nada o é xa), non o é, pero ás veces quere facerse ver como un ser vivo que vexeta, agardando ser vista por uns ollos ávidos de curiosidade ou morriña (ou de calquera outra cousa que poida ser avidez nunhos ollos).

No caso que nos ocupa, a fotografía estaba xa feita antes de eu chegar ó lugar, antes de subir as moitas escaleiras que tuven que subir, polo barrio do Albaycin, ata que petou o meu nariz contra esta parede, este mural que avisa do perigo ó que unha ou un se pode expoñer se se adentra sen mapas e sen ningún coñecemento previo en "territorio de nenos".

¿Cómo é posible? ¿Cal é o momento exacto da miña curta vida no que deixei de ser nena e comecei a perigar nesa clase de territorio?