
Os releves e alturas do meu corpo son resultado
dunha loita permanente (ti e mais eu) que dura
alomenos tres mil millóns de anos.
Con periodicidade este querernos sofre de
cataclismos. E así quedan territorios
novos e vellos, que mal conviven en min
e suburbios que nunca verás
e fenómenos de ascenso e descenso de emocións
que xuntan e rexentan medos de grandes magnitudes
como os movementos das placas da litosfera.
É o mais antigo proceso creador de releves
ese vulcanismo que nos asocia
e as moreas de zonas específicas que sabemos tratar
nos corpos
e na mente maremotos de ideas baldías
e busca de significados que levanten ondas de gran altura
e un xeito de tocarnos
que devolve todo contra terra firme.
De seguir así podería apoderarse de nós
unha enorme era glacial.

1 comentarios:
Somos cataclismos. Nos movemos al son de estos terremotos físicos, morales, espirituales, anímicos... Somos magnífico impulso eléctrico. Somos energía y movimiento, transfromación y querencias. Somos lo que somos porque fuimos lo que fuimos y en mitad de este mar embravecido, el cataclismo que nos empequeñece o enaltece o rompe o cose o desmembra o une... Maremoto en las emociones. Somos cataclismos.
Publicar un comentario en la entrada