25/11/08

CONVOQUEN Á MALA SORTE




A mala sorte existe en todas as culturas. Non importa a relixión nin as crenzas nin o grao de escepticismo que teña cada persoa. A sorte (boa ou mala) anda rondándonos, e non hai nada que facerlle.

Hoxe perségueme unha peligrosidade auténtica. É unha contradicción, tendo en conta que non saín da casa en todo o día, por mor dun esguince nun pé que me ten inmovilizada. Se quixera, podería seguir esa frase feita que tanto empregan as persoas: hoxe é un día para quedarse na cama e non saír dela. Pero a tanto non chega o meu medo, señores, a tanto non, e decidín saír.

Desde que me botei fóra das mantas, percibo unha rara tendenza a caer e enfuciñar continuamente, contra as distintas paredes e rincóns da casa. Tamén me petou a cabeza contra un moble da cociña, e das mans deixei caer involuntariamente un vaso e dous pratos. Caeron os escarvadentes do seu boteciño, esparexéndose por todo o chan, e da miña boca saíron pestes contra a mala sorte (sempre entre comillas) que me persegue estes días.

En fin, a aquí presente semella unha nena pequena emperrenchada, pero esta é a única ventá que me comunicará co mundo exterior os vindeiros quince días. Así lle -lo digo, amigos, convoquen á mala sorte para que me deixe e marche a algún outro lugar, ou pola contra, poderei chegar a tolear entre estas catro paredes, nestas catro liñas...