
A obra de aquí arriba chámase así, "El día que te fuiste", e pertence ó artista Iván prieto. Estes días expón en Lugo, e tiven a sorte de achegarme a algunhas das súas personaxes de teatro e baixas paixóns. Son esculturas inquedantes, que te perseguen despois de camiñar entre elas, porque non es quen de esquecer as cordas que che poñen cando as miras. Coido que cada unha destas figuras están a punto de comezar a andar, de emprender a acción, guiadas por unha furia contida, polo mero feito de ser estatua.

1 comentarios:
no fui a verla, pero me han entrado las ganas gracias a tu comentario... jajaj. Algún día me iré a London don don!!!! Bikos
Publicar un comentario en la entrada