07/11/08

HAI MENTIRAS QUE MATAN




Eles volven do cine, de ver unha película-documental sobre a vida de Hunther Thompson, o creador do chamado "Xornalismo gonzo". O filme pasea polos entresixos da loucura e brillantez desa figura situada entre as figuras da contracultura americana. As drogas servíronlle a Hunther para distorsionar a crúa realidade que percibía, e desde ese outro lugar, amosou a verdadeira hipocresía dos Estados Unidos.

Un día disparou unha pistola contra a súa cabeza, e desfixo o resto de ideas que lle quedaban, no que algúns dan en chamar o seu "último acto de rebeldía". Outros, contan que non soportou máis a MENTIRA do soño americano.

Eles volven do cine, comentando a historia que acaban de ver. Son as dúas da madrugada e camiñan apurando o frío entre as rúas molladas e estreitas. Dous homes manteñen unha conversa ás portas dunha casa. Xusto cando eles pasan ó carón dos dous homes, escoitan unha frase perfectamente construída e clara:

- Unha cousa é mentir. E outra é ocultar a verdade.

2 comentarios:

W. Sobchak dijo...

pois tinhan mais raón que un santo!

E por outra parte debo de estar moi maior porque a min "Miedo y asco en Las Vegas" pareceme un relato simplón, que fai apoloxía barata das drogas.

[por certo miss malaquita eu, que son fan da sua prosa, quería preguntarlle se non terá vostede nalguna caixon algun guión esquecido, da epoca da carreira por exemplo...]

O Raposo dijo...

Hunter Thomson é unha desas personalidades que aparecen de cando en vez para amosarnos unha visión distinta das cousas, mais descarnada, mais incómoda, mais cruel quizais, pero non por eso menos real.