02/12/08

SE A AUGA É SEMPRE A MESMA


[imaxe de nicoletta ceccoli]

Exactamente levo dez días sen saír da casa. Toda unha aventura. Seica fóra fai frío, nevou por baixo dos 400 metros, e os camións paralizaron o tráfico rodado de moitas estradas.

Sei tamén que os escaparates rezuman nadal, e desde a rúa percíbense interiores de casas abarrotados de adornos dourados, árbores taladas ou plastificadas, e cartas para os reis magos.

Nestes momentos a choiva peta no cristal das fiestras. Algunhas gotas cólanse para dentro do sala, en forma de condensación. E penso:

Si a auga do mundo é sempre a mesma, esa auga que viaxa por distintos estados materiais, evaporándose do mar, subindo ó ceo, caendo á terra, e volvendo ós ríos e ós mares de novo... se nunca se crea unha auga nova... entón a gota de chuvia que teño a piques de caer sobre o chan da miña casa, podería ter estado antes a piques de caer sobre outro chan, nalgún momento antes de cristo, quitándolle a outra muller as ganas de saír da cova.

1 comentarios:

W. Sobchak dijo...

glups, tanto pensar en auga que vai e ven provocame mareos!

Auga desa foi neve estos días na tua vila. Estaba bonita de vez!