Ela degusta un iogur mentres deixa que entre unha raiola de sol pola ventá aberta. No dicionario, de casualidade, atopou unha palabra: patronear (dirixir unha embarcación).
Por un instante imaxina cómo sería a súa vida se agora mesmo puidera saír da casa e estivera nun lugar con mar, onde ademáis a agardara unha embarcación lustrosa e branca para percorrer camiños salgados, e desfacer bancos de peixes, e nadar con golfiños e tostar a pel ó sol.
Pero axiña descubre que o único que pode patronear, ou mellor dito "matronear" é a súa propia imaxinación, que por outra banda (non nos enganemos) tamén lle ofrece lugares fabulosos polos que deixarse caer. O certo é que detecta unha certa dose de aburrimento. Ou quizais o que sucede é que son as oito da tarde, nunha tarde desas quietiñas polo quentamento do sol, que promete cervexa nas terrazas e nenos esgotados de correr, e pés ennegrecidos de andar con sandalias. Tal vez hai unha relaxación no ambiente que lle fastidia.
¿Cómo entrar a formar parte deste entorno tan alleo a ela?
Logo de meditar moito lembrou os poderes da música ante este tipo de cousas.
É o coñecido "efecto Mozart", un estudo que na metade dos anos 90 tentou demostrar que a música clásica ten un efecto beneficioso sobre o organismo humano. En realidade, a musicoterapia é unha metodoloxía tan antiga como o mundo. Os médicos do ano 1500 antes de Cristo xa recomendaban a música para favorecer a fertilidade feminina. Despois foron os gregos os que pretenderon facer ciencia da música. E si avanzamos no tempo, na antiga Roma tamén se pensaba que certas melodías acababan con problemas de insomnio ou malas dixestións.
A ela gústalle outorgar unha parte de confianza a aquelas cousas que aínda están por confirmar. Si xa soubéramos todo, o mundo sería un lugar carente de emocións. E as persoas seríamos todo soberbia.
Por iso confía na historia, nos ancestros, e nos ousados científicos de hoxe que predicen cousas do mañá.
Agora comezoulle unha pequena dor de cabeza. Para iso, o mellor é escoitar a Canción de Primavera de F. Mendelssohn.