
Camiño a gran velocidade por entre a terra. O sol ameaza con desaparecer. Na mirada, sei que levo algo así como de fuxidío, como de esperanza. Alguén me persegue, desde unha posición anónima. Eu seino, pero preséntome incapaz de xirarme e plantarlle cara. Quizais non teña rostro, tal vez convertinme nun ser imposibilitado para a vinganza. Rastreo o meu entorno cunha mirada distinta. Como esa capacidade visual da radiación infravermella, con auténticos ollos- máquinas.
Antes pensaba que nunca sucumbiría á hibridación. Pero un día vinme aceptando toneladas de maquinaria pesada, mastigando aceites e demais caprichos corpóreos, trasladándome en veloces aparatos raptores, confiando os meus soños ao destino dunha humanidade caótica e condenada a desaparecer.

3 comentarios:
non poideches fuxir, pero somos moitos na resitencia, unete e ó mellor dende dentro podemos cambiar algo, por que agora parece tarde pra sair..... ¿non?
apertas
Non podo crer que sexa eu o visitante ¡4001!
Vaia, vin o link no teu Caralibro e non me resistin a entrar...
Gústame ese recuncho que tes aquí montadiño, volverei!
Non te apures, toda humanidade está condenada a desaparecer. A nosa tamén.
Publicar un comentario en la entrada