
[Niño y Fantoche, de Miguel Ángel Bustos]
Non hai un tempo para as palabras. As letras non entenden de estacións, ou alomenos non din nada. Un día descubro que non teño capacidade para as controlar, nin moito menos. E vexo que hai outros e outras neste mundo, que as utilizan dun xeito máis honrado, máis verdadeiro. É o caso de M. Conocina esta semana. Díxenlle: "tes que intentar sintetizar, contarme a túa vida en pouco máis dun minuto". É o tempo que lle dín, e fíxoo. Despois quixen quedar moito máis con ela. Contoumo todo, as circunstancias vitais que a elixiron desde a infancia. A tristeza que a fixo afondar en problemas, ata chegar á rúa. A rúa, o lugar no que as persoas se separan aínda máis das outras persoas. Donde os cartos (e outras cousas) cobran a importancia que nunca deberan ter. Ela mesma asegura que "os outros" a ven como unha rata á que queren matar. Ninguén coñece nada da súa mirada sobre a vida, ninguén a escoita, ninguén considera que pode ser útil a unha sociedade baleira. Ten proxectos, ten algo que aportar, e un don que lle permite escoller as palabras dun xeito perfecto para se expresar, e uns ollos que azulean todo o espazo, que oscurecen unha parte do día (o día xa non volve ser o mesmo).
Neste intre,
remexo nas ideas para atopar as palabras axeitadas. Non as hai. Na intimidade dunha casa, coas ventás pechadas para que non entren viruxes nin ratas, para non oír o run run da pizzería, nin o choro do bebé que ten fame, nestre intre, nesta noite, percibo unha sensación momentánea de pánico. Sinto que non estou soa, que algúen me acompaña.
Finalmente conclúo que o que me aterra é a escuridade interior. Esa negrura que o azulea todo, cando me xulgo e non atopo as palabras para me defender. Cando son eu, no lugar de ser quen quero ser.

1 comentarios:
as veces decatamonos de o afortunados que somos.....
hay que aproveitar eses intres para obrigarse a desfrutar mais a cotio e no deixalo pasar sen ter tempo pra degustar nada...
moitas desas veces e por comparacion e danos pena o que ten menos que nos, as veces non ter nada e triste outras forma parte da felicidad...
ti deberias aproveitarte das palavras e remexelas a miudo porque da gusto seguir as tuas lineas e fan pensar...
unha aperta
Publicar un comentario en la entrada