Os sons que representan a loita prohibida
emanan das ventás. Son voces que me engaden na lista de humanos
escorrentan calquera diferencia, o sentirse dentro,
perpetrar unha ecuación perfecta de continuidade,
a vida.
Un lugar de ensoñacións e paradoxas, onde se permite a contradicción por riba de tódalas cousas. Unha casa de recordos e estorniños, e de "Every time" sen agullas de reloxo. De causas e cousas perdidas, e imaxinería e amuletos. De protestas e tolemias e disfrazes suspendidos no tendal. De magos e chistes e circos perdidos, así como de medos abatidos e cristais. En definitiva, ilusionante.
Saiba que o O Verde de malaquita é un colorante verde, activo fronte a unha gran variedade de parásitos externos e axentes patóxenos como fungos, bacterias, etc. A súa principal aplicación é para o tratamento contra parásitos de protozoos de auga doce. Polo tanto se vostede é un deles, lembre que pode ser perigoso, punzante, e repelente, ou todo o contrario... sempre e cando deixe por aquí unha boa pegada de ser.
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada